Cando voltou a democracia a España se reclamaba a autonomía para Castela e León. Por iso houbo que procurar referentes simbólicos capaces de unir a habitantes de tantas provincias. Velaí o tema da bandeira cuarteada histórica cos dous reinos. Outros fitos rexionais foron máis conflitivos. A capitalidade queríana Burgos, León e Valladolid. E houbo acordo relativo co Día festivo común (23 de abril). Neste último caso elixiron o día da derrota dos comuneiros que luitaron contra o poder real e señorial, e que desde León rexeitan como imposición política.
Mentres en Castela e León andaban con esas liortas políticas, no Bierzo había otros debates territoriais. Así, no ano 1975 o xornal Aquiana recorda a Provincia de Vilafranca através de diversos artigos históricos de Balbino Alvarez de Toledo, que serven para recuperar a conciencia provincialista dos bercianos. Tamén o réxime franquista intentaba dar imaxe de preocupación pola problemática da nosa rexión, co II pleno do “Consejo económico, social y sindical del Bierzo”. Salientamos esas conclusiois sobre Ordenación territorial. Así, menciónase “una ciudad capital de la Comarca, Ponferrada. Tres cabeceras de comarca” (Vilafranca, Fabeiro e Bembibre), e “doce núcleos de expansión y el resto calificados de núcleos dependientes”. Tamén se propón “una política económica social descentralizadora, que otorgue cierta autonomía y medios de financiación propios a las comarcas naturales, mediante actuación delegada de la Diputación provincial”, case que nada en 1975!”.
Seguemos a padecer o centralismo histórico leonés. Resulta que se pide un colexio universitario para O Bierzo e a resposta cazurra é que non. O enfado local concrétase no encrito do xornalista Fidalgo Piensos, “la Universidad de León valdrá para los leoneses para los bercianos No” (1975). Pola súa banda, o político Telmo Barrios Troncoso debate sobre a posible autonomía para O Bierzo, “Ponferrada debe caminar hacia niveles de más autonomía, más exigencias, más descentralización”, e anima a percorrer “los caminos de la más plena regionalización y comarcalización posible” (1975). Está clara a proposta comarcalizadora da dereita berciana.
O provincialismo tamén está xa presente. Desde Valdeorras con Emilio Costa Dávila se apoia a provincia berciana, o mesmo que fai o semanario Aquiana que defende a quinta provincia galega (1976), fundamentado no xeito de fuxir do centralismo administrativo de León e Ourense. Nesta dinámica bercianista, de debates territoriais e políticos, non falta o simbólico coa bandeira do Bierzo. Así o satírico escritor Balbino Álvarez de Toledo fai a súa achega co “pendón do Bierzo”, relatando a historia de varios pendois da zona de Vilafranca (1977).
No debate territorial do Bierzo as propostas descentralizadoras son varias. “El Bierzo necesita una mancomunidad” coa participación de tódolos alcaldes, segundo Ignacio Fidalgo (1976). Mentres que un procurador en Cortes propón un Consejo comarcal formado por municipios e instituciois económicas, sociais e políticas (Afrodigio Ferreiro, 1976). Recordemos que está recente a morte do ditador e o franquismo segue mui vixente. Sen embargo, xa hai quen fala de “hecho diferencial berciano” e “órganos de representación y gestión que a nivel comarcal se establezcan” (Ovidio Glez. Canedo, 1976). Pola súa banda, Telmo Barrios opina que o Consello comarcal “restaría competencia a la Diputación en la Comarca, que pasarían al Consejo” (1978). Aínda hoxe, no 2025, a Deputación leonesa resístese a descentralizar no Bierzo.
Por suposto, os debates democráticos xa afectan abertamente ao noso territorio estremeiro nesta década dos 70. Fálase da “rexión do Sil” para incluir mellor a Valdeorras doutro xeito. O programa político de Unidade Galega (1979) refírese á “idiosincrasia de Valdeorras, piden un trato diferencial, dentro de Ourense, e con personalidade propia en Galicia”, supoñemos que é unha referencia tácita á comarca xurídica, ademáis se ten en conta “a distancia de Valdeorras a la capital, a Ponferrada”.
Non falta a demanda provincial berciana. En septiembre de 1978 preséntase o Manifesto berciano. Nel se fala de recuperar a provincia do Bierzo, con capacidade político administrativa, e teima en que “debemos decidir que opción autonómica deseamos integrarnos”. De novo a quinta provincia galega presente, ante a queixa pola “desaparición de la escuela de ATS de Ponferrada” e “que estamos siendo sometidos” segundo escribe José Voces Gómez (1979). Hogano xorde o programa do Partido do Bierzo que se refire a unha “consulta popular para que los bercianos decidan cual es el tipo de autonomía que conviene a la región”.
Fidalgo Piensos, desde Aquiana, escribe “Provincia de León (formada por dos Regiones bien definidas: El Bierzo y León) debe tener dos gobiernos o Diputaciones distintas y paralelas, una por cada Región” (1979). Su fundamento pode ser a antiga división histórica de León durante a Idade moderna, “partido ou provincia do Bierzo en reino de León”. Incluso, para reafirmar esta vía historicista, publícase na portada do dito semanario o mapa da Provincia do Bierzo (1786) de Tomás López (1980).
Se en León había varios partidos leonesistas, O Bierzo segue a súa propia dinámica autonomista. Velaí o Movemento rexionalista berciano, os Independentes do Bierzo, Asemblea regional do Bierzo e o partido aspirante á autonomía do Bierzo (1979). O provincialismo, galeguismo, rexionalismo e comarcalismo están presentes. Mais a demanda de segregación territorial de León racha os acordos co leonesismo. Para intentar casar ámbolos dous territorios enfrontados, o Bloque radical leonés presenta o seu federalismo con “dúas xeografías sociais”, a saber, O Bierzo e León, con senllas deputaciois que formarían xuntas o Parlamento del País leonés .
No ano 1980 unha Coordinadora Berciana reclama o rexeito á autonomía castellano-Leonesa. Pintadas nas rúas denuncian “Martín Villa, El Bierzo no es Castilla”. Nesta conxuntura o bercianismo camiña co leonesismo con muita desconfianza para berrar en León contra a unión con Castela. Esta alianza estratéxica resulta rachada en varias ocasiois. En 1981 o PB sae da plataforma leonesista por non qurer a bandeira leonesa na nosa rexión, onde xa ondeaba maioritariamente a branquiazul, e logo acude á manifa antiestatuto de autonomía de Castela e León (xaneiro de 1983).
En fin, tras estudar este proceso autonómico berciano ben podemos deducir que pouco teñen mudado as relaciois entre León e O Bierzo a nivel político e territorial hoxe. Segue a haber dúas rexiois afastadas que non se miran ben e que teñen problemas de integración territorial e social. Na nosa conciencia coletiva está presente ese dito, “bercianos seremos e de León pasaremos”.
O Bierzo, abril de 2025
Si no fuese por el Bierzo, León tendría la autonomía , a la cual tenemos más s derecho que nadie . Respecto al Bierzo a muchos nos es indiferente, lo que tenemos claro es que con León no lo queremos.