Noso idioma galego estremeiro


Recentemente tivo lugar unha Xornada da lingua e da cultura galegas de Asturias na Universidade de Oviedo.  Estaba organizada pola asociación Axuntar de defesa do galego desa provincia. Entre as persoas e coletivos convidados estivemos os galegofalantes do Bierzo, con membros da Escola de gaitas de Vilafranca e Fala Ceibe do Bierzo.

Na facultade de Filoloxía falouse da problemática do galego de Asturias. Esta lingua está asentada na parte máis ocidental da provincia, na comarca coñecida como Eonavia. Agora ben, non faltaron as queixas polo maltrato que reciben eses falantes galegos por parte dos asturianistas. A primeira ameaza é negar a súa identidade galega, por iso os contrarios din que falan eonaviego cunha normativa lingüística diferente ao galego. Por suposto, os galegofalantes de Asturias ten clarexo o seu idioma. Hai que saber pasar deses poderosos que impoñen linguas e terminoloxías ás minorías.

Os tres territorios estremeiros, a saber, Eonavia, O Bierzo e As Portelas da Seabra, temos problemas de identidade porque os asturianos, leoneses e zamoranos non queren recoñecer que falamos o idioma galego dende a Idade Media. Ben sabemos disto os bercianos cos enfrontamentos co leonesismo, político e cultural. Os rexionalismos, asturiano e leonesista, rexeitan que nas súas provincias poida haber outras minorías culturais que cuestionen a súa territorialidade histórica. Exemplos destes ataques sen xeito dos foráneos temos a esgalla no Bierzo. Cando se demandaba ofertar galego nas escolas, o Conceyu Xoven acusaba de imperialismo, colonialismo, imposición lingüística, etc (1999), logo o partido Upl pedíu a eliminación da referencia ao galego no Estatuto de autonomía de Castela e León ou o impago dos profesores de galego (2005), negativa á sinalización bilingüe (2025), etc.

Para os asturianistas e leonesistas calquera medida de promoción do galego nas comarcas do Eonavia e O Bierzo é un perigo para a súa existencia identitaria rexionalista. O curioso do caso é que hai leonesistas que din defender o seu idioma tradicional fronte aos avances do galego polo Bierzo. Agora ben, muitos deles nin falan leonés ou defenden o leonés do Bierzo sempre dende a capital leonesa. Se entramos en wikipedia podemos ler que na exión do Bierzo hai diversidade de falas leoneses, fornelo, ancarés, patsuezo, buecés (Bembibre), charro (Vilafranca), torenés, cabreirés, etc. todas elas dentro do inconcreto dialeto berciano. Dende logo iso é diversidade lingüística, mais non sei se todos eses falantes estarían por un leonés normativo.

Por certo, os galegofalantes dicimos que o galego tivo recoñecemento legal no Estatuto de autonomía de Castela e León en 1999, mentres que o leonés chegou muito depois no 2007. Ademais o galego podése estudar nos centros escolares dende o 2000, nada disto acontece hoxe co leonés. Estas diferenzas xurídicas e educativas por algo serán. Quizais porque non hai demanda do leonés no Bierzo senón na capital leonesa. Iso sí, os leonesistas, políticos e culturais, dedícanse a atacar aos galegofalantes polo ensino do galego, pola sinalización en galego, porque se oferta galego en Ponferrada, cidade que se atopa no seu territorio leonés, segundo a súa peculiar historiografía e filoloxía. Como eles non conseguen fomentar o seu leonés, tratan de ralentizar o avance do galego polo Bierzo.

O certo é que o galego do Bierzo medra en demandantes no ensino regrado (colexios, institutos e Escola oficial de idiomas). Neste curso 2025-26 chega a 1200 alunos. A isto temos que engadir os estudantes de galego a distancia e por libre, si, foron no curso pasado 640 os bercianos que se presentaron aos exames para obter os títulos de galego Celga, segundo datos oficiais. Convén tamén saber do amplo seguimento da Tvgalega no Bierzo, ademais do resto de medios dixitais que non se poden contabilizar, mais son unha realidade cultural incuestionable. O uso do galego tamén xa está presente nos xornais dixitais do Bierzo. Estes ben saben competir no mercado dixital polos internautas bilingües, mentres que os dixitais monolingües seguen nas dinámicas comunicativas do século pasado.

En fin, apesares dos atrancos dos asturianistas e leonesistas, os galegofalantes do Eonavia e O Bierzo seguimos a resistir na defesa da nosa cultura asoballada. Sentímonos mui orgullosos da nosa luita polo bilingüísmo fronte aos que nos impoñen seu monolingüísmo. Nosoutros fachendosos de falar varias linguas, e estar tan perto do internacional portugués. Por iso sentímonos máis ceibes a nivel cultural e lingüístico. Outros están atados ao seu pasado medieval dentro das súas imaxinarias fronteiras, eles non son quen de evolucionar cara a un mundo global e democrático.

O Bierzo, decembro de 2025.

Xabier Lago Mestre

4 comentarios en “Noso idioma galego estremeiro

  1. ¿Ya tienes preparado el viaje a Villalar?. A ver si pones una corona con unas palabras en castrapo. Ahhh¿Te pidieron examen de castellano en las oposiciones? . Te mando un gesto que te gusta mucho

  2. Concordo plenamente con Mestre que ben explica a nosa problemática lingüística. O galego falado por nós, habitantes das terras lindeiras coa Galiza de Asturies, Bercio e máilas Portelas zamoranas segue a estar negado, menosprezado, ridiculizado, hostigado polas instituciois políticas e culturais, partidos e asociaciois de corte rexionalista das provincias ás que pertencemos, pero coas que non facemos parte da identitidade idiomática ou cultural.

  3. Esto no tiene sentido (lleones de lleón, jjajja), quiero decir que cada uno hable , parle, por señas , por señales ( los indios se comunicaban con y por el humo)como les den la gana no me importa como se comunique el personal ; ya me gustaría a mi, parlar ingles , francés, alemán , ruso, etcetc. Pero solo se o creo saber que se , parlar medianamente correcto el idioma de todos los españoles. Que es el: ….. MARROQUÍ..jjajajajaj.

Los comentarios están cerrados.