As relaciois lingüísticas de poder


Todos estamos baixo a influenza das variadas relaciois de poder, sexan políticas, económicas, culturais, relixiosas, etc. Por suposto, as linguas, coma principal medio de comunicación humana, non quedan fóra do influxo dos diversos poderes. Podemos ter unha lingua materna mais podes verte obrigado a non falala por presiois foráneas. Os bercianos galegofalantes tiveron que falar castelao para comunicarse cos novos oficiais da Coroa, chegados de Castela, a fines do século XV trala derrota do conde de Lemos. Hoxe hai que saber o idioma inglés para ter aceso á información internacional, ou a meirande parte de internet. Podemos dicir que hai unha  xerarquización lingüística a nivel mundial segundo o número de falantes, casos do inglés, chines, indi, español, etc.

As grandes maiorías lingüísticas fixan as condiciois de comunicación, e as minorías culturais teñen grandes dificultades para existiren cando non se recoñecen os seus dereitos lingüísticos. Este é o caso do galego do Bierzo. Resulta que uns políticos que gobernan dende Valladolid condicionan a existencia dos galegofalantes do Bierzo. Por suposto aqueles non recoñecen os nosos dereitos lingüísticos na Comunidade autónoma de Castela e León. Isto é unha ultraxe porque os cidadaos de Galicia sí teñen dereitos bilingües, mentres que os bercianos que falamos o mesmo galego, non. Para fundamentar esta diferenza de trato, os políticos de Castela fixaron unha fronteira artificial, no porto de Pedrafita do Cebreiro, que afasta unha mesma comunidade lingüística histórica.

En que cabeza cabe que o noso galego, que ten recoñecemento expreso no Estatuto de Castela e León (art. 5.3), siga sen falantes con dereitos lingüísticos, individuais e coletivos. Si, podemos estudar galego no Bierzo nos centros escolares, agora ben, que pasa co uso administrativo no Consello comarcal, concellos e pedanías. Por suposto, non se pode utilizar o galego nas Cortes autonómicas, nin na Deputación de León, nin no campus universitario de Ponferrada. Eiquí hai muitos vetos ao galego do Bierzo. Xa se sabe, a mayoría política castelá manda e pasa da defensa e fomento do galego. O contido da Carta europea de linguas rexionais e minoritarias é incumprido, ano tras ano, polos políticos castelaos.

Pola outra banda, recordamos cando o leonesismo ataca calquera iniciativa berciana a prol do galego (ensino, bilingüismo, rotulación toponímica, etc). O relato político leonesista non para de acusar de invasión galeguista, imposición normativa, destrución das falas leonesas, etc.  Curioso que muitos leoneses que atacan o galego, non falan para nada o leonés, trátase máis ben de defender a unidade territorial da súa provincia que consideran ameazada polos chamados foráneos galeguistas. Por suposto, nesta división das minorías veciñas sae beneficiada a maioría castelá que pasa da resolución desta problemática lingüística. Así non hai interese político de aprobar nas Cortes rexionais a necesaria Lei de linguas de Castela e León.

Ademais de políticos e leonesistas antigalegos existen inteletuais que se resisten á promoción do galego do Bierzo. Este é o caso de certos investigadores que pescudan nas culturas rurais. Sabemos dos estudos da etnógrafa Concha Casado sobre a Cabreira e o filólogo Valentín García Yebra sobre Ancares. Pois ben, eses persoeiros non querían que se alterase o seu obxeto de estudo, as falas locais. Polo tanto vían un perigo os intentos de normalizar e normativizar as linguas rexionais, por iso provocan esas forzadas divisiois locais en falas, variantes, dialetos, etc.

Os galegofalantes do Bierzo temos que luitar acotío contra dos que din que eiquí non hai unidade. Todo é valido para dividir, por iso existe o seu dialeto berciano, tamén ese galegoleonés, ademáis dos valegos (ancarés, fornelo e cabreirés), e incluso as falas máis locais, bañes (A Baña) e torenés. E para outros, todo está tan mesturado sen xeito que hai que denominalo chapurreao e punto final. Ante estes intentos de confusión xeral, hai que engadir a concienciación lingüística fundamental. Os galegofalantes sabemos ben o que dicimos, o idioma galego. Que somos nosoutros, os bercianos, os que temos que denominar a nosa lingua, e non os políticos, filólogos ou inteletuais foráneos á nosa realidade cultural. Porque falamos o que nos peta e como nos dá a gana.

Finalmente sentenciamos que as grandes linguas teñen evolucionado sempre. Un exemplo, Miguel de Cervantes podería entender o idioma español de hoxe? Apostamos a que non. Resulta igual o inglés de Inglaterra que o da India? Cantas diferenzas hai entre o castelao de Castela e o español de Hispanoamérica?. Estas grandes linguas están normativizadas e normalizadas coa axuda dos grandes poderes políticos, económicos e culturais que procuran  acadar as unificaciois actuais. Sen embargo o galego do Bierzo é criticado por pretender vincallos lingüísticos con Galicia e Portugal, cos cales compartimos idioma histórico común. Todo é válido para dividir as minorías lingüísticas que son cualificadas de perigosas para as maiorías culturais.

 

O Bierzo, xaneiro de 2025

2 comentarios en “As relaciois lingüísticas de poder

  1. Totalmente de acuerdo con usted. La provincia de León es una provincia excesivamente grande y fallida, en realidad la mayoría de las provincias en España son artificiales, nada que ver de cómo se han configurado en Europa, son mas pequeñas y con criterios más homogéneos, tanto culturalmente como de ordenación del territorio.
    León es fallida porque es demasiado grande, así, No Bierzo no se quiere esa pertenencia y tampoco Leon ha sabido integrar ni respetar sus diferentes comarcas, ¡tan diferentes..! lingüísticamente, culturalmente, paisajísticamente como por idiosincrasia, etc.… Pero es más, León es provincia fallida porque no tiene políticos que la defiendan y no ha sabido constituirse como Comunidad Autónoma.
    Oh paradoja!, si León quiere ser diferente y separase de Castilla, ¿Por qué no empieza por reconocer las diferencias que tiene con respecto a ella y las potencia?. Por ejemplo, reconociendo y potenciando sus lenguas (el gallego, el patsuezu,…), sus tradiciones y costumbres, pero también su economía, sus infraestructuras y sus relaciones con Galicia y con Asturias tan cercanas. No pintamos nada con ni Soria ni Ávila ni Burgos… lugares totalmente ajenos al Bierzo, nacionalistas e imperialistas castellanos que nos están perjudicando enormemente.

  2. Quiénes son los más interesados en crear diferencias, quienes deciden , quien se beneficia, quien da el y ico consejo comarcal, si que nadie l pidiese, tal vez aquellos del , divide y vencerás???. Todo esto lo dice uno que no es berciano, que celebra el día de su comunidad en Villalar de los comuneros y trabaja para la junta castellana. A algunos no le vendría mal una clase de geografía y ver cuántas provincias hay mayores que las de León. Hemos de saber que por ejemplo el Bierzo alto , preferiría estar con León, y Laciana??? que se van a inventar un consejo comarcal dentro del Bierzo y para la Cabrera????. Venden ruina y despoblación y algunos han comprado la «moto» , que miren donde estaba y donde está y como les va. Eso sí , León que nos ONGs un campus, no los gallegos, por cierto , El Barco tiene campus, o La Rúa???. Partidos registrados en Coruña, miembros de algún grupo terroristas detenidos en esa comarca. Una lección de historia, no tres años en la equivocación de la creación de una provincia entre otras muchas divisiones. En el reinado de los reyes católicos , la provincia del Bierzo, ¿y León, que estaba dentro de ella?.

Los comentarios están cerrados.