Desde sempre os humanos se organizaron en comunidades varias. Trátase das familias, tribus, pobos, reinos, naciois, etc. Os individuos destas comunidades crean vincallos de diversa tipoloxía (sociais, económicos, relixiosos, xurídicos… Sen embargo tamén ás veces xoden problemas de convivencia interna e externa. Como sempre queremos centrarnos no Bierzo, concretamente na existencia das pequeñas comunidades rurais tan denigradas.
Secularmente a nosa rexión berciana estivo formada por moitas localidades por mor da explotación agrogandeira do medio rural (vilas, aldeas, barrios, alzadas, etc). Mais no século XXI, ante as sucesivas crises dos sectores primario e secundario, a despoboación ataca sen xeito. Non cabe dúbida de que as máis pequenas localidades bercianas están condenadas a desaparecer. Velaí esta pequena homenaxe ao que representan na nosa historia berciana através da chamada literatura oral.
Localidades rurais que luitaron pola defensa do seu territorio (comunais, augas, bosques, corredorias, pastos…). Os concellos foron os órganos de goberno que comandaron esas defensas (violencia con pelexas, prendas de gando, concordias, xuízos…). Porque xa se sabe que “a xunta veciñal, forza sen igual”. Os arquivos históricos están cheos de preitos entre poboaciois veciñas, caso do conflito entre Outeiro e Toural dos Vados polos pastos do monte Couso que chegou, en apelación, até a Chancelería de Valladolid (século XVIII).
Outras veces as desputas foron de carácter funcional, entre vilas e aldeas dependentes. Había a idea de que ir a Vilafranca, Bembibre e Ponferrada supoñia ser obxeto de abusos económicos (feiras, mercados, comercio…), administrativos (xudiciais, fiscalidade…) e mentais (aldeáns e vilegos). De todo isto deriva o popular dito, “Vilafranca a xente franca, Columbrianos os marranos, Fontesnovas os raneiros, A Válgoma pellexeiros, Cortigueira matiegos…”. Ponferrada competía coa súa contorna, “Ponferrada se quema, Molina llora porque no se ha quemado la villa toda”. Máis expresiva resulta a supremacía urbana en “ahí viene la Encina, ahí vienen los fuegos, ahí vienen los tontos, de todos los pueblos”. Tamén condiciona a fiscalidade as vidas, “furtos do marqués, tributos do martes” (día de mercado na vila do Burbia). Incluso había piques entre Ponferrada e Vilafranca, “capital marquesal fronte capital real” (posesiois señorial e da Coroa), que se satiriza nos escudos, en “Villafranca de león capadiño, Ponferrada coronada”.
Algunhas localidades luitaron por deixar as dependencias señoriais. Foi o caso de Villanueva de Valdueza que pertencía ao mosteiro de san Pedro de Montes, pois ben, “por venta abadial, pasa ser marquesal”. Os seus veciños pagaron a súa liberdade, máis polas débedas tiveron que vendela aos marqueses de Vilafranca (século XVII). Outro caso singular foi o de Vilalibre da xurisdición, coñecido como pobo das tres mentiras, “non é vila, nin é libre, nin ten xurisdición”. O certo é que conseguíu tamén mercar á Corona a súa xurisdición para ser ceibe do poder foráneo.
Coa chegada do capitalismo máis industial (mineiro, ferroviario e hidráulico), algunhas localidades pequenas medraron en poboación e pediron a súa independencia. Torre do Bierzo quere pasar da súa capital secular, “Albares tuvo municipales, con Torre minero, más pobre”. Fabeiro tamén competía coa historia, “A Veiga de Espiñareda co seu mosteiro, Fabeiro máis mineiro”. San Miguel de las Dueñas mira mal a Congosto, “Congosto caminero, san Miguel minero”, presencia do camino real fronte á industria. Y Toural dos Vados medra co ferrocarril e as cementeiras, por iso se canta, “Viladecais municipal, Toural capital”. Mais a envexa está presente en “Toural dos Vagos”. Para o norte escuitamos, “Villager vilaxos, Villablino quinquilleiros”, a antiga capital de Laciana nota a presión da grande vila mineira.
Por outros lares, tamén hai orgullo territorial, “Val de Ancares real, fóra todo abadial”, porque falamos de xurisdiciois veciñas, da Coroa e eclesial. Noutros casos, o máis duro ataque negativo, pola súa pobreza, coma na Cabreira, “Saceda, Noceda, Castrillo y Marrubio, cuatro lugares que Cristo no anduvo”.
. A explotación económica dos abundantes xornaleiros está presente. Os propietarios viñateiros eran mal vistos polos seus abusos agrícolas durante os períodos de poda, cava e recoleción. Así se escuitaba, “Gente de Los Barrios, gente de los diablos matan a los bueyes y aran con cristianos”. A economía de subsistencia daba orixe a desputas entre veciños polas migallas da miseria xeneralizada. “Si vas a Toreno, guarda la alforja y el perro. Si vas a Librán, guarda la alforja y el pan”. Máis forte era o caso de “San Pedro de Troes, corenta veciños, cinquenta ladróns”.
Ser de pobo tamén significa dignidade coletiva. “Xente de Quilous, vale por dous, e por tres, se é por interese”. Incluso pequeñas localidades desputan nos momentos de lecer, “para cantar viva Prado, e para bailar Paradiña, e para xogar a palanca, manolín da Veigueliña”. Pola outra banda, O Bierzo é periférico e estremeiro, o que condiciona mentalidades coletivas. En Camponaraia din “somos da raiana, damos aos galegos e aos da terra castelá”. Aínda máis espresivo resulta o dito histórico de “Galicia é a horta, e Ponferrada a porta”. E para rematar, “non me chames galega que son berciana catro leguas para riba de Ponferrada”, que recoñece a presenza da galeguidade no Bierzo e tamén reafirma o bercianismo, non así o leonesismo que nin se menciona.
O Bierzo, abril de 2024