Trala longa noite de viaxe chegamos co amencer á cidade de Lisboa. O complexo de transportes da estación de Oriente abangue varios andares , abaixo o metro, enriba os comboios e no medio os autocarros. Nós saímos fóra para ver o novidoso barrio da antiga exposición universal de 1998. Eiquí desfrutamos de edificios ben modernos. Son os casos da torre Vasco da Gama, o pavillón desportivo Meo Arena, Oceanario, etc. Non falta a foto ante a escultura do lince de cores de tanta sona internacional. Máis lonxe a longa ponte sobre o río Tejo. Dende esta zona collemos un bus 728 que percorre toda a ribeira para ir até a estremeira feguesía de Belém.
Xa en Belém, veciño de Lisboa, nova foto ante o Pedrao dos descobrimentos, que representa aos grandes navegantes portugueses. Velaí tamén o grande mosteiro dos Jerónimos coas súas longas ringleiras de visitantes. Adiante o palacio de Ajuda co seu xardín botánico. Outros edificios para ver, os museos da eletricidade e de coches antiguos de cabalos dos monarcas lusos. Maís aló, a torre de Belém e o forte do Bom Sucesso, que formaron parte das defesas militares co forte alto do duque. Hai unha antiga central elétrica de ladrillo que nos recorda a que temos en Ponferrada da Msp. Ao lonxe, o pazo de Congresos e a ponte colorada de 25 de abril (do ditado Salazar) que cruza para Almada onde hai un alto Cristo que nos semella o lonxano brasileiro. Para nosoutros é especial tomar un comboio para ir á cercana localidade perto de Carcavelos, que soa a Cacabelos do Bierzo. No seu forte de sao Juliao da Barra estivo na cadea o crego Diego Muñoz Torrero. Este canónigo liberal da colexiata de Vilafranca morreu neste castelo pola represión dos realistas portugueses en 1829.
De volta para Lisboa, subimos á basílica da Estrela, onde repousamos no seu xardín antiguo do conde de Tomar. Depois andaina até o palacio de sao Bento, sede do Parlamento luso. Eiquí soben e baixan os fotoxénicos elétricos a toda velocidade. Neste barrio Alto continuamos pola rúa do Combro, para atopar o curioso elevador da Bica que baixa para a ribeira. A seguir pola rúa comercial de Garret no coñecido bairro de Chiado. Que non falten as fotos ante as esculturas do Pessoa sedente e Luís de Camoes. No interior do Chiado, visita obrigada das variadas prazas centrais do Comercio, Concello, Pedro IV, Figueira e Rossio. Muita tranquilidade para o desfrute das súas turísticas rúas cheas de comercios, restaurantes e turistas. Desfruta do solpor do grande río Tejo coma tantos visitantes namorados mentres as castañeiras fumean.
Se aínda hai forzas físicas, subir para o barrio da Mouraría a visitar o castelo de Sao Jorge, e tamén o barrio de Alfama. Nestes casarios tradicionais estiveron na Idade media as minorías relixiosas respeitivas. Por eiqui están a Sé de Lisboa e Santa Engracia, panteao nacional dos portugueses ilustres. Para abaixo o museo militar xunta a estaçao de comboios de Santa Apolonia. Por estas estreitas rúas aínda circulan os vellos tranvías e hai bos miradoiros da ribeira.
Se voltamos para o barrio de Rossio, que non falte a praza dos Restauradores que recorda a vitoria militar e a independencia dos portugueses contra os españois no século XVII. Eiquí hai dous elevadores amarelos, enfrontados, o da Gloria para o miradoiro de Sao Pedro de Alcántara, e o da Lavra para o hospital de Sao Jose, onde hai un bo mercado. Adiante da ampla avenida da Liberdade, atopamos a alta escultura do marqués de Pombal. Este foi quen reconstruiu a cidade depois do terramoto de 1755. Novo descanso no parque de Eduardo VII, rei inglés benquerido polos seus aliados lusos. Máis para o norte o barrio de Entre campos, onde existe unha praza de touros mourisca, agora centro comercial. Contiguo o barrio de Sete ríos, coa Cidade universitaria e o estadio de futebol colorado da Luz. Quen non lembra os derbis entre aguias (Benfica) e leaos (Sporting)!. Eu nin un nin outro, avante dragoes do Porto. Agora, movémonos polo complexo centro de transportes subterráneo de Sete rios, entre metro e autocarros, procuramos noso veículo. Xa non hai máis tempo, a escuridade xa cobre noso sono de volta a España. Muita saudade Portugal!
O Bierzo, xaneiro de 2025