A toponimia galega das nosas localidades

Na rexión berciana existe desde a Idade Media a lingua galega. Por suposto, este idioma está moi presente na actualidade, na onomástica (nomes, motes, alcumes…), hidrónimos, orónimos, fitónimos, etc. Nesta ocasión queremos tratar dos chamados epónimos que fan referencia aos nomes de lugares. Estes na nosa rexión berciana son abondosos. Recordemos os nomes de vilas, barriadas ou barrios. En un nivel máis pequeno, as quintas, brañas, alzadas, malladas, etc que tamén foron poboadas por gandeiros.

Na toponimia maior salientamos os nomes de concellos. Son os casos da Veiga de Valcarce (non Valcarcel), Valboa, Trabadelo, Barxas, Oencia, Sobrado, Vilafranca do Bierzo, Corullón, Toural dos Vaos, Cacabelos, Carracedelo, A Ponte Domingo Flórez, Carucedo, Borrés, Arganza, Cabanas Raras, Camponaraia, Sancedo, Fabeiro, A Veiga de Espiñareda, Candín, Perandaes, etc.

Convén ter en conta os outros moitos nomes de localidades menores tamén en galego. Abrangue varias denominaciois, pedanías, barrios, lugares ou anexos. Xestoso, Busmaior, Paraxis, Ruideferros, Teixeira, Aira da Pedra, Vilela, Vilafeile, Soutelo, Soutoparada, Prado de Paradiña, Pobradura de Somoza, Ponte de Rei, Teixedo de Ancares, Naraiola, Vilaboa, Pieiros, Quilous, Rioferreiros, San Xoan de Palozas, etc.

Outras denominaciois son os corónimos, que fan referencia a nomes de espazos xeográficos amplos (rexións, comarcas, vales…). Por suposto, temos a rexión do Bierzo, que abrangue outras comarcas. Velaí A Cabreira, Aguiar, Valcarce, A Somoza, Ancares e Fornela. Doutros tempos son as denominaciois comarcais da Cabreira alta (Truitas), Lousada (A Baña) e A Ribeira (A Ponte), Ulver (Cornatelo), Valdoza (Valdueza), Compludo, quintería de Montes, etc.

Abraiante é a presenza da microtoponimia galega. Son os numerosos exemplos de hidrónimos (ríos, regos, regueiros…), orónimos (montes, outeiros, lombos, etc), litónimos (pedras, roqueiros…), fitonimos (carballeiras, soutos, piñeiros, devesa do Fabeiro…), zoónimos (lobeiras, oseiras, etc.

Outros topónimos fan referencia a vías de comunicación (carreiros, sendeiros, corredoira…), explotaciois agrogandeiras (eiros, liñares, hortos, agras, brañas, morteiras, etc), fortificaciois (castros, castelos, coroas, etc.

Por Javier Lago Mestre.

3 comentarios en “A toponimia galega das nosas localidades

  1. Deje de inventar, Xabier. Lo que debería de aparecer en los carteles es : Teixéu |Tejedo, nunca Teixedo, Veiga (d’Espiñareda), no es A Veiga, como la de Valcarce, que habla leonés al igual que El Espín, Séisamu, Fontueira, y Al Fabeiru. También se permite el lujo de inventarse nombres de otras comarcas como las cabreiresas que nunca fueron así. Ni siquiera en la documentación antigua. “Perandaes” no existe, la capital forniella se llama Pranzais en forniellu y Peranzanes es su forma antigua hoy tenida por castellana pero que sería un arcaísmo medieval anterior a la pérdida de -n- en nuestra comarca.

  2. cierto, tachando el nombre de toda la vida y poniéndolo en la lengua de otra comunidad autónoma está muy presente. Lo que hay que oir…

Los comentarios están cerrados.